Pin It

Widgets

Semana de maxia e contos na Casa da Cultura de Fene



Con maxia de perto, xogos de cartas, cordas e panos, o mago Pedro Bugarín engailou este mediodía aos pequenos/as (e aos/ás non tan pequenos/as) que asistiron á primeira función do ciclo de maxia e contos que organiza a Concellería de Cultura de Fene no Nadal. O espectáculo, titulado "Mundo máxico",  reuniu no salón de actos da Casa da Cultura a máis de medio de cento de persoas.

A maxia dará paso aos contos na xornada do mércores 27 de decembro. Así, mañá ás 12 horas, o salón de actos da Casa da Cultura acollerá o espectáculo “Voute contar”, a cargo de Vicente Mohedano (Peripecious). En “Voute contar” é posible “que algún día descubras que, dun tempo para aquí, os humanos adquirimos a manía de contar. Contar, contar...non só de contar contos e historias, senón de medir e contar todo con números”. Actividade recomendada para público a partir dos 8 anos.

A programación cultural de Nadal do Concello de Fene continuará o xoves 28 de decembro, ás 12.00 horas, cunha actuación de Andaravía Teatro na Casa da Cultura. Nesta actividade, titulada “Brincacontos”, sucederanse acontecementos máxicos e misteriosos. “O descubrimento da receta do mexunxe marrón de Testarrota causará unha grande disputa entre dúas poderosas bruxas. Quen acadará a enerxía que transmite este misterioso mexunxe?. Por outro lado, algo lle está a acontecer á lúa e ao sol. Serán quen de resolvelo a miñoca inxenua, o vello grilo e a formiga obreira?. Para respostar a estas preguntas, os membros de Andaravía Teatro convidan aos nenos/as de 3 a 12 anos a brincar con eles o vindeiro 28 de decembro na Casa da Cultura de Fene. 

Neste mesmo espazo, o venres 29 de decembro actuará o grupo Paso de Valverde Teatro con “Alén. Chuquiño viaxa polo mundo”, ás 12.00 horas.  “Alén do mar e alén de todo o que coñecía, un día Chuquiño marcha á procura do seu tío Randulfo a África, pero a viaxe vai resultar un pouco máis complicada do que pensaba e remata coñecendo o mundo enteiro nunha travesía colorida a través do Xapón, India, América... Conseguirá atopar o noso protagonista ao seu tío, o explorador?”. “Alén. Chuquiño viaxa polo mundo” é unha historia de teatro de sombras chinesas para toda a familia. Actividade recomendada para público de 3 a 12 anos.
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.