O
titular do Goberno galego participou esta mañá no acto de entrega das jackets
do parque East Anglia One, construídas para Iberdrola no estaleiro de Navantia
en Fene
O presidente do Goberno galego,
Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o bo momento que atravesa o naval galego
cunha carga de traballo en carteira ou en estadios finais de negociación no
conxunto de empresas do sector que supera os 3.000 millóns de euros. Así mesmo,
precisou que en 2017, “o mellor ano da década para a industria naval”, se
pecharon contratos por valor de 470 millóns, o que supón o 57% do valor de
todos os contratos firmados en España.
Durante o acto de entrega das
jackets do parque East Anglia One, construídas no estaleiro de Navantia en
Fene, Feijóo afirmou que estas cifras poñen de manifesto a capacidade de
resposta desta industria en Galicia e a súa diversificación cara a novos
segmentos, como a eólica mariña.
Así mesmo, resaltou que a boa marcha
do naval en Galicia está a esixir un esforzo extra en cursos de formación; “é
por iso que este ano desde a Xunta estamos a financiar un total de 63 cursos de
formación que beneficiarán a 1.000 traballadores desta industria”, precisou,
lembrando que este sector conta desde o pasado ano co primeiro plan de formación
específico deseñado para a industria galega, dotado con 12 millóns de euros e
dirixido a 3.000 profesionais do naval.
O sector galego, un referente no campo da eólica
mariña
“O naval galego camiña cara ao novo
modelo de industria dixitalizada e a Xunta quere estar aí”, aseverou, ao que
destacou os preto de 40 millóns mobilizados en apoios para estimular a
innovación no naval, a través, por exemplo, de catro unidades mixtas que están
a desenvolver novos proxectos que fagan realidade o Estaleiro 4.0, como o
desenvolvemento –grazas ao traballo de Navantia e a Universidade de A Coruña-
dun novo dron deseñado para a inspección de tanques de buques.
No tocante á entrega das novas
jackets, o presidente do Goberno galego incidiu en que a diversificación cara o
novo mercado da eólica mariña supuxo unha alternativa que, neste momento, está
reportando ao sector moi boas noticias. Non en van, despois do primeiro
contrato -hai pouco máis de tres anos- para Iberdrola de 29 jackets para o seu
parque eólico Wikinger, chegou outro para a norueguesa Statoil, un terceiro
para Siemens e un cuarto pedido que, novamente, facía Iberdrola.
Aposta pola
enerxía verde, aprobación das Directrices Enerxéticas de Galicia
Sobre este último proxecto, precisou
que é o maior pedido que afronta Galicia na súa historia no ámbito da eólica
off-shore. Un pedido con destino ao maior parque eólico mariño que está
desenvolvendo Iberdrola a nivel internacional en augas do Reino Unido, o East
Anglia One: 42 jackets, das cales hoxe se entregan as 4 primeiras; cuxa
construción ten un custo aproximado de 150 millóns de euros; que suporán máis
dun millón de horas de traballo e que está a xerar aproximadamente 900 empregos
de media. “Que Navantia Fene e, con ela, o sector galego, sexa hoxe un
referente no campo da eólica mariña vén ser a proba de que, con máis innovación
e apostando pola diversificación, os estaleiros galegos poden ter acceso a un
horizonte de maiores oportunidades e a un mercado que abarca un maior número de
países”, abundou.
Logo de salientar que Navantia Fene
supón o 16% do PIB industrial da provincia da Coruña e o 24% do emprego
industrial, Feijóo concluíu subliñando que con este proxecto se contribúe desde
a industria a facer unha industria verde. “E esa é a liña que queremos seguir”,
afirmou, avanzando que o próximo xoves, o Consello da Xunta aprobará as
Directrices Enerxéticas de Galicia. Un documento que fará fincapé na cultura do
aforro e a eficiencia enerxética para diminuír o consumo arredor dun 4% con
aforros superiores aos 150 millóns de euros ao ano; e para que, en definitiva,
en Galicia se poida falar de economía verde.
O presidente do Goberno galego,
Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o bo momento que atravesa o naval galego
cunha carga de traballo en carteira ou en estadios finais de negociación no
conxunto de empresas do sector que supera os 3.000 millóns de euros. Así mesmo,
precisou que en 2017, “o mellor ano da década para a industria naval”, se
pecharon contratos por valor de 470 millóns, o que supón o 57% do valor de
todos os contratos firmados en España.
Durante o acto de entrega das
jackets do parque East Anglia One, construídas no estaleiro de Navantia en
Fene, Feijóo afirmou que estas cifras poñen de manifesto a capacidade de
resposta desta industria en Galicia e a súa diversificación cara a novos
segmentos, como a eólica mariña.
Así mesmo, resaltou que a boa
marcha do naval en Galicia está a esixir un esforzo extra en cursos de
formación; “é por iso que este ano desde a Xunta estamos a financiar un total
de 63 cursos de formación que beneficiarán a 1.000 traballadores desta
industria”, precisou, lembrando que este sector conta desde o pasado ano co
primeiro plan de formación específico deseñado para a industria galega, dotado
con 12 millóns de euros e dirixido a 3.000 profesionais do naval.
O sector galego, un referente no campo da eólica mariña
“O naval galego camiña cara ao
novo modelo de industria dixitalizada e a Xunta quere estar aí”, aseverou, ao
que destacou os preto de 40 millóns mobilizados en apoios para estimular a
innovación no naval, a través, por exemplo, de catro unidades mixtas que están
a desenvolver novos proxectos que fagan realidade o Estaleiro 4.0, como o
desenvolvemento –grazas ao traballo de Navantia e a Universidade de A Coruña-
dun novo dron deseñado para a inspección de tanques de buques.
No tocante á entrega das novas
jackets, o presidente do Goberno galego incidiu en que a diversificación cara o
novo mercado da eólica mariña supuxo unha alternativa que, neste momento, está
reportando ao sector moi boas noticias. Non en van, despois do primeiro
contrato -hai pouco máis de tres anos- para Iberdrola de 29 jackets para o seu
parque eólico Wikinger, chegou outro para a norueguesa Statoil, un terceiro para
Siemens e un cuarto pedido que, novamente, facía Iberdrola.
Aposta pola enerxía verde, aprobación das Directrices Enerxéticas de Galicia
Sobre este último proxecto,
precisou que é o maior pedido que afronta Galicia na súa historia no ámbito da
eólica off-shore. Un pedido con destino ao maior parque eólico mariño que está
desenvolvendo Iberdrola a nivel internacional en augas do Reino Unido, o East
Anglia One: 42 jackets, das cales hoxe se entregan as 4 primeiras; cuxa
construción ten un custo aproximado de 150 millóns de euros; que suporán máis
dun millón de horas de traballo e que está a xerar aproximadamente 900 empregos
de media. “Que Navantia Fene e, con ela, o sector galego, sexa hoxe un
referente no campo da eólica mariña vén ser a proba de que, con máis innovación
e apostando pola diversificación, os estaleiros galegos poden ter acceso a un
horizonte de maiores oportunidades e a un mercado que abarca un maior número de
países”, abundou.
Logo de salientar que Navantia
Fene supón o 16% do PIB industrial da provincia da Coruña e o 24% do emprego