Pin It

Widgets

O Concello de Fene prepara unha nova edición do Outlet e convida aos establecementos a inscribirse

 

A iniciativa terá lugar os días 7,8 e 9 de marzo, cun amplo horario de atención ao público

O Concello de Fene pon en marcha unha nova edición do Outlet Fene, unha exitosa iniciativa que busca dinamizar o comercio local e fomentar o consumo nos establecementos do municipio. Nesta ocasión, a iniciativa celebrarase os días 7, 8 e 9 de marzo, permitindo que os comercios, a hostalería e os negocios de servizos promocionen os seus produtos e ofrezan descontos especiais.

O evento desenvolverase nos seguintes horarios: venres e sábado de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas; e domingo de 11:00 a 13:30 horas. Durante estas xornadas, a veciñanza terá a oportunidade de descubrir unha gran variedade de produtos a prezos rebaixados, ao tempo que apoia ao comercio local.

A concelleira de promoción económica e turismo, Ángeles Coira, destacou que “o Outlet de Fene é unha ocasión perfecta para que os comercios locais dean saída ao seu stock e para que a veciñanza poida beneficiarse de importantes descontos sen saír de Fene”. “Ademais, este tipo de iniciativas contribúen a coñecer novos establecementos, fortalecer a economía local e a fidelizar clientela”, engadiu Coira.

Inscrición aberta para os comercios interesados

Os establecementos que desexen participar na feira deberán enviar a súa solicitude antes do xoves 20 de febreiro ao correo electrónico desenvolvemento.local@fene.gal, indicando o nome do negocio, enderezo, persoa responsábel, teléfono e correo de  contacto, ademais de se precisan mesa ou carpa. Para máis información, pódese contactar co teléfono 981 492 767.

A concelleira animou a todos os negocios do municipio a sumarse a esta nova edición do Outlet. "Queremos que sexa un evento dinámico e atractivo para toda a veciñanza, polo que contamos coa implicación do comercio, a hostalería e os servizos de Fene. Entre todos, podemos facer que esta iniciativa sexa un éxito e contribúa ao desenvolvemento do noso tecido económico", concluíu Ángeles Coira.

Tags: , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.