Pin It

Widgets

Aberto o prazo de inscrición na primeira ruta das camelias

 

As camelias chegaron a Galicia a finais do século XVIII, procedentes de países afastados como China e Xapón. Nun principio instaláronse nos xardíns dos pazos e casas señoriais da nobreza galega, pero co tempo introducíronse nos xardíns e terreos, tanto públicos como privados, de toda a nosa xeografía, ata converter Galicia nun referente internacional no cultivo e produción desta planta. Na actualidade a comunidade atesoura case 8.000 variedades diferentes de camelia.

E para dar a coñecer un pouco máis este tesouro, o Concello de Fene abre o prazo de inscrición á primeira ruta por algúns dos xardíns de camelias máis espectaculares de Galicia, isto é, a finca de Rivera Arnoso na Armada e finca de Abelardo Seoane en Magalofes.

Será o vindeiro día 29 de marzo, e para reservar praza teremos que chamar ao Departamento de Cultura: 981 34 03 66.

Hai 50 prazas. O prazo de inscrición empeza hoxe e remata o día 28 de marzo ou cando se esgoten as prazas.

Actividade sen custo organizada coa colaboración da AVV San Xurxo de Magalofes.

 

Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.