O Concello de Fene colabora un ano máis co Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego, iniciativa pola que se fretan autobuses a diferentes municipios galegos para achegar a veciñanza ás representación teatrais que se desenvolven no Salón Teatro de Santiago. A cita para os/as feneses será o venres 4 de abril, con saída ás 15 horas da Avda. do Concello e retorno aproximado sobre as 21 horas. A representación da obra “A burra, a mesa e o pau” comezará ás 18 horas e o prezo da entrada ascende a 5 euros (autobús de balde).
Segundo informan desde a Concellería de Cultura, para asistir á representación haberá que inscribirse antes do 2 de abril no departamento de Cultura e Deportes, por teléfono 981 340 366 ou por correo electrónico a cultura.deportes@fene.gal, indicando nome, apelidos e un número de teléfono de contacto.
“A burra, a mesa e o pau” é a primeira produción propia da tempada 2024-2025 do Centro Dramático Gallego. Con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, o elenco está formado por 15 intérpretes: Xúlio Abonjo, Maika Aguado, Beatriz Barcia, Xosé Manuel Esperante, Andrés Giráldez, Alixa Ladson, Roberto Leal, Mario López, Pablo Loureiro, Carla Mojón, Grial Montes, Paloma Otero, Paulo Serantes, Nelu Vermouth e Arantza Villar. En palabras da súa directora, “A burra, a mesa e o pau” é “un conto de fadas dunha familia obreira galega naqueles tempo nos que era máis fácil creer nos contos das avóas que nas promesas dos patróns”.
Lorena Conde está acompañada, ademáis, por María Torres Piñeiro, Carmen Casal, Montse Piñeiro e José Faro nos deseños da escenografía, iluminación, vestiario e videocreación; Amparo Martínez na coreografía; e Esther Quintás na perruquería e caracterización. A música está asinada por Cibrán Seixo e Inés Salvado Gontad, quen desenvolve tamén a asistencia de dirección.