Pin It

Widgets

A Galiña Xosefina, de Trémola Teatro, visitará a Biblioteca Municipal de Fene maña xoves

A Galiña Xosefina, da compañía Trémola Teatro, que anuncia Biblioteca Municipal de Fene para  maña xoves, 2 de outubro, ás 18 horas. Para anotarse cómpre facelo presencialmente ou por teléfono (981 342 302) no horario de apertura da instalación: de luns a venres, de 16 a 21 horas ou o sábado, de 10 a 13 horas. Aforo limitado.

O espectáculo está dirixido a nenos/as a partir de 3 anos e conta a historia dunha galiña, Xosefina,, que “vive moi feliz na granxa de Pepe con moitos animais: vacas, porcos, galiñas, coellos.... Cada día, o galo espértaos a todos para que se poñan a traballar. Pero un día, Xosefina decátase de que na casa de Pepe... usan os seus ovos para facer tortilla! Será capaz, a galiña Xosefina, de convencer ao resto dos animais e conseguir que todos se poñan en folga?”

Organiza: Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé coa colaboración do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia. 

Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.