Pin It

Widgets

A Xunta dá comezo ás obras de acondicionamento onde se ubicará o novo xulgado de primeira instancia que comezará a funcionar a finais deste ano



O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey indicaron hoxe que o Goberno galego dará comezo de inmediato coas obras de acondicionamento onde se ubicará o novo Xulgado de Primeira Instancia de Ferrol.
Alfonso Rueda e José Manuel Rey, acompañados do presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas; do alcalde de Ferrol, Jorge Suárez; da decana de xuíces, Amalia Pérez; do Fiscal xefe de Ferrol, Miguel Armenteros e representantes de avogados e procuradores do partido xudicial ferrolá, visitaron esta mañá as instalacións onde se ubicará o novo Xulgado que estará situado na planta baixa do edificio xudicial ferrolá, da rúa Coruña.
A Xunta leva manifestando a necesidade da creación de máis unidades xudiciais para a nosa comunidade sendo outorgadas catro novas para este ano, das cales o Goberno galego encargase da dotación material e do seu mantemento, como é o caso deste novo Xulgado, que conta cun investimento previsto duns 77.000 euros para a súa posta en marcha e que o 31 de decembro arranque e estea plenamente operativa.
Ademais deste xulgado, na nosa comunidade para o ano que vén haberá tres novas unidades xudiciais máis, que ao mesmo que en este, o Goberno galego cumprindo co compromiso coa Administración de Xustiza poñerá en marcha e dotaralos dos medios materiais, técnicos e tecnolóxicos que precisen.
A Xunta para o ano que vén incrementou un ano máis os orzamentos para a Administración de Xustiza. Está previsto que se consoliden 36 prazas de reforzo, se incremente a xustiza gratuíta e seguirase apostando pola mediación, que xa está funcionando en Ferrol, incluso cun segundo equipo psicosocial.
Precisamente, nos Xulgados de Ferrol foron unha das sedes xudiciais da nosa comunidade na que deu comezo o Plan de Infraestruturas Xudiciais no ano 2010, cunha importante obra de máis de 2 millóns de euros, que permitiu gañar espazos, mellorar as instalacións e facilitando tanto o traballo dos empregados da Xustiza como dos cidadáns que fan uso das súas instalacións.

Fuente: Xunta de Galicia
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.