Pin It

Widgets

O FOTÓGRAFO ROMÁN MONTESINOS TRAE NOVAMENTE A FENE AS SÚAS “METÁFORAS VISUAIS”




A mostra inaugúrase mañá venres, 6 de xuño, ás sete do serán e permanecerá na Sala de Exposicións da Casa da Cultura (Avda de Conces, 20-22) ata o vindeiro 27 de xuño. Poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas (a partir do 20 de xuño, o horario da Casa da Cultura será de luns a venres, de 10:00 a 14:15 horas).
Román Montesinos naceu na Coruña en 1952. Comezou a súa andaina fotográfica a finais dos anos 60. Xeólogo, especializado en Paleontoloxía, actualmente é profesor na Universidade da Coruña.
A obra fotográfica deste artista tense vinculado coa fotografía metafórica (metáforas visuais – poesía visual). Nas súas fotografías tenta evocar distintos tipos de sentimentos, conxugando o material –obxectos diversos- co anímico. Na súa obra predominan os dobres sentidos e, con moita frecuencia, un humor subxacente.
Montesinos é autor de máis dunha trintena de exposicións individuais: na Coruña (Asociación Alexandre Bóveda, libraría Arenas e dúas veces na Facultade de CC da Educación, etc.). Tamén no Concello de Culleredo, na Universidade de Oviedo, en Do Forno, en Lugo, na Universidade de León, en Casa Charry do concello de Oleiros e, colectivamente, en Madrid e Culleredo (A Coruña).
A súa obra foi difundida en medios de prensa nacionais e extranxeiros (Boston, USA) e, virtualmente, na agrupación fotográfica F11 de Alemania con dúas exposicións monográficas en decembro de 2008 e en xaneiro de 2011.
Unha das fotografías de Román Montesinos, “Tacitas de café” figura na exposición permanente do Museo do Humor de Fene (Sala de Humor Negro).
Tags: , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.