Pin It

Widgets

San Valentín acolle este sábado o II Torneo de Balonman Veterán “Concello de Fene”




De izquierda a derecha, Francisco González, vocal del Feneume; Antonio Brage,
presidente del Feneume; José Miguel Rodeiro, tesorero del Feneume; y Rocío Bértoa,
concejala de Deportes de Fene, durante la presentación del torneo
Cinco equipos tomarán parte esta fin de semana no II Torneo de Balonmán Veterán “Concello de Fene”, organizado pola ADC Balonmán Feneume en colaboración co Concello. Participarán no campionato o Associaçao Masters Andebol do Porto, o Deusto Bizirik (que xogará en combinación co Feneume), o Veteranos Balonmano León , o Veteranos La Salle de Valladolid e o equipo local, o ADC Balonmán Feneume.
Trala recepción aos participantes, que chegarán a Fene entre a tarde do venres e a mañá do sábado,  o mesmo sábado celebrarase un xantar de confraternidade no restaurante Mundial. A continuación, dende as 16 ás 21 horas sucederanse os partidos no pavillón de San Valentin (cunha duración de 30 minutos cada un). A xornada concluirá cunha cea, novamente no restaurante Mundial, onde se procederá á entrega de trofeos.
Segundo informan dende a organización, o orzamento deste II Torneo de Balonmán Veterán “Concello de Fene” ascende a 800 €, cartos que foron recadados, na súa maioría, grazas a colaboración dos locais da zona.
Na presentación do torneo celebrada esta mañá no Concello de Fene, o presidente do ADC Balonmán Feneume, Antonio Brage Otero, tivo palabras de agradecemento tanto para aos comerciantes como para o propio Concello “pola colaboración prestada para a posta en marcha do campionato”. Pola súa parte, a concelleira de Deportes, Rocío Bértoa, feliciou ao Balonmán Feneume pola iniciativa e transmitiu aos responsables do club organizador o desexo de que a tradición deste torneo continúe no futuro.  
CALENDARIO DE PARTIDOS - SÁBADO 8 DE NOVEMBRO.
HORA

16:30
Feneume/Deusto – Porto
17:15
La Salle Valladolid - Feneume/Deusto
18:00
Ademar Leon - La Salle Valladolid
18:45
Porto – Ademar Leon
19:30
La Salle Valladolid – Porto
20:15
Feneume/Deusto – Ademar Leon



Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.