Pin It

Widgets

O Concello de Fene conmemora o Día das Letras Galegas co espectáculo “Filgueira Valverde: coa maxia e a música”

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, sinala que terá lugar este venres, na Biblioteca Municipal, a partires das 18 horas con entrada de balde

O ilusionista Martín Camiña e o músico Álvaro Muras protagonizan unha proposta cultural na que a participación do público é vital

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá que o Concello de Fene conmemorará o Día das Letras Galegas 2015 co espectáculo “Filgueira Valverde: coa maxia e a música”, a cargo do ilusionista Martín Camiña e do músico Álvaro Muras. Será este venres, 15 de maio, na Biblioteca Municipal, a partires das 18 horas e entrada de balde.

Trátase dun percorrido guionizado de música e maxia da vida e obra do profesor Filgueira Valverde. Un espectáculo con fondo musical e ilusións que navegan nos ensaios, narrativa e poesía, con sorpresas lembrando a vida de Filgueira Valverde.

Unha proposta orixinal en canto á idea de promover a lectura coa presenza dun
músico e dun ilusionista.

Unha melodía paralela de manipulación de cartas, papeles rotos e recompostos, cordas que se rachan e seguen a soar, unhas notas de humor e unha parte moi importante que é a participación dos espectadores. Unha proposta a todo ritmo para entreter e divertir na que o público será partícipe da historia.
Tags: , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.