Pin It

Widgets

Acto de Clausura do XXIX Campionato de Liga de Chave 2016



  


Clube Amigos da Chave de Ferrolterra


O pasado 31 de Outubro o Clube Amigos da Chave no restaurante ” Los Molinos” de Nogueirosa, celebrouse a entrega de trofeos e equipamento os equipos que este ano participaron nas tres categorias da Liga 2016. En esta edición contouse con a participación de dez equipos en 1ª división , dez en 2ª e 11 en terceira con un total de cento cincuenta e tres chaveiros.
  Este evento tivo a participación de case de 165  persoas entre autoridades, medios de comunicación, seareiros e chaveiros, foi unha noite de premios de agradecementos e como non podia ser de outra forma tamén  de cea, baile e de divertimento en difinitiva punto de encontro da gran familia da chave de Ferrolterra. Prestou a voz e presentou o acto Jaime Iglesias chaveiro  do equipo Lua Nova  e directivo do Clube.
  Houbo en esta edición a   incorporación a disciplina do Clube, de seis novas escuadras, Imaxina Pazos “B”,Limodre “A”, Afi-Tean, Lar das Pintegas, As Pintegas, Santa Catalina e Santa Catalina “A”.
O prato forte foi a entrega de 22 trofeos, os equipos campións de Liga nas dorrespondentes categorías.e que se relacionan a continuación
Campións de 1ª División :
1º .- CLS. Limodre, Fene-------- con 57 puntos e 1419 chaves
2º .- Lua Nova, Fene-------------- con 46 puntos e 1268 chaves.
3º .- AVV Serantes, Ferrol-------- con 44 puntos e 1185 chaves
Campións de 2ª División :
1º .- AVV Cruceiro “A”, Ferrol--con 44 puntos e 1058 chaves.
2º .- AVV Serantes “B”,  Ferrol--con 44 puntos e 1119 chaves.
3º .- A´Nova Lua, Fene -----------con 40 puntos e 1123 chaves
Campións de 3ª División :
1º .- Cantina S.Juan, Mugardos –con 65 puntos e 1297 chaves.
2º .- Imaxina Pazos “B”, Ferrol --con 53 puntos e 1146 chaves.
3º .- As Pintegas, Fene ------------con 53 puntos e 1139 chaves.
Equipos máximos chaveiros:
1ª División .-  CLS Limodre, Fene con 1419 chaves e con os chaveiros, Luis Bermúdez,(Luis ), Jesús Rodriguez ( Bastida ), Robustiano López ( Tano ),José Rey ( Juanjo ) e Francisco Rodriguez ( Paco ).
2ª División .- A´Nova Lua, Fene con 1123 chaves, con os chaveiros, Javier Aller ( Javi ), Iván Aller (Iván ), Alfonso Esteiro ( Kuky ) e Manuel Meizoso ( Manel ).
3ª División.- Cantina San Juan, Mugardos con 1297 chaves con os chaveiros, Diego Diaz ( Diego ),Xulio Seoane (Julio ),Brais Seoane ( Brais ) e Isidro Perez (Chicho).
Máximos chaveiros en cada categoria:
 Os primeiros espadas de cada división que po-lo seu esforzo individual e que foron quen de situarse na súa categoria como máximos chaveiros foron.
1ª División .- Luis do CLS Limodre-----con  534 chaves e  un rendemento do 15,26%.
2ª División .- Tito do Serantes “B”------- con 490 chaves e  un rendemento  do 13,61 %.
3ª División .- Xulio do San juan ----------con 478 chaves e un rendemento  do 12,92 %.
  Dende a directiva parabens os equipos que conqueriron trofeo e una gradecemento a todo-los que  colaboraron e axudaron un ano mais a este deporte.







Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.