Pin It

Widgets

O CONCELLO DE FENE CONVOCA AS AXUDAS DO BONOBÚS UNIVERSITARIO 2017-2018



Favorecer o desprazamento do/a alumnado que curse estudos universitarios e que necesite usar diariamente o autobús para os seus desprazamentos dende Fene até A Coruña, é o principal obxectivo do programa  de subvencións ao transporte de  estudantes universitarios que convoca anualmente o Concello de Fene.

Segundo se establece nas bases, a axuda materializarase a través do ‘carné bono-bus subvención’, documento expedido polo Concello de Fene a favor do/a beneficiario/a, co que se solicitará á empresa Arriva (ou calquera outra empresa concesionaria do transporte) a expedición do `bono válido subvencionado´ para a realización das viaxes ao longo do curso escolar 2017-2018 (período computable 9 meses: dende o mes de setembro (1/09/2017) de 2017 até o mes de maio de 2018 (30/05/2018), ámbolos inclusive.

Poderán solicitar as axudas do Bono Bus Universitario as persoas que cumpran os seguintes requisitos: estar empadroado  e ter residencia efectiva no Concello de Fene como mínimo dende o 1 de xuño de 2017; cursar estudos universitarios para os que sexa necesario desprazarse até A Coruña; non superar os máximos de base liquidable xeral sometida a gravame por unidade familiar, determinados nas bases; presentar a documentación requirida nas mesmas bases; e non ter pendente de xustificación por parte do solicitante ningunha subvención concedida polo Concello de Fene, sempre que tivese finalizado o prazo de xustificación.

A subvención concedida variará en función  do número de beneficiarios finais e de acordo coa seguinte táboa:

- Máximo de  5 beneficiarios: subvencionarase o 100% do custo do bono bus
- Entre 6 e 9 beneficiarios: subvencionarase o 60% do custo do bono bus
- Entre 10 e 14 beneficiarios: subvencionarase o 40% do custo do bono bus
- Entre 15 e 19 beneficiarios: subvencionarase o 30% do custo do bono bus
- Entre 20 e 28 beneficiarios: subvencionarase o 20% do custo do bono bus.

As solicitudes das subvencións ao transporte universitario presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Fene (de luns a venres, de 8.30 a 14.00 horas) dende o mércores 27 de setembro até o venres 6 de outubro de 2017. Tamén se poderán presentar neste mesmo período por calquera outra forma establecida no art. 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das  Administracións Públicas. O prazo será improrrogable e tramitarase con independencia de que o/a posible beneficiario/a estea admitido/a ou non nunha facultade.

Pódense consultar as bases completas da nova convocatoria de “Subvencións ao transporte de  estudantes universitarios que cursen estudios na Coruña durante o curso 2017-2018” na páxina web do Concello de Fene (www.fene.gal) ou no BOP núm. 183 do martes 26 de setembro de 2017.
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.