Pin It

Widgets

A Xunta estende a conciliación ás contornas industriais coa apertura da escola infantil do polígono naronés de Río do Pozo

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe o centro, que esta mañá abriu por primeira vez as súas portas  
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe no muni-cipio coruñés de Narón a nova escola infantil para nenos e nena de 0 a 3 anos que vén de entrar en funcionamento no polígono industrial de Río do Pozo e que dá servizo aos traballadores e traballadoras das empresas emprazadas neste contorno empresarial. Na visita tamén participou a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demo-gráfica, Amparo González, así como responsable da Fundación Parque Científico Tec-nolóxico Río do Pozo, entidade promotora deste recurso de conciliación financiado pola Xunta de Galicia.

A Administración autonómica concedeu á devandita fundación unha achega eco-nómica de 200.000 euros –o que supón o 80’% do custe total da actuación- para trans-formar un edificio de carácter administrativo nun equipamento educativo de 3 unida-des, unha para cada grupo de idade de 0 a 3 anos, e 41 prazas de capacidade máxima. Esta liña de axudas, que se publicou por primeira vez o ano pasado e que nestes mo-mentos ten en marcha unha segunda convocatoria para os exercicios 2017 e 2018, en-márcanse no Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia) e teñen como finalidade promover a creación de escolas infantís en zonas industriais da comunidade.

En declaración á prensa, Rey Varela salientou que esta iniciativa “permite ache-gar o coidado, a atención e a primeira formación dos nenos e nenas ao lugar de traballo do seus pais e nais facendo así máis doada a vida cotián das familias e a conciliación, que é un dos eixes prioritarios das políticas sociais en Galicia”. Así mesmo, manifes-tou que a entrada en funcionamento desta escola “fai posible que Río do Pozo sexa un contorno empresarial máis atractivo e eficiente, posto que leva aparellada vantaxes como a mellora do clima laboral polo feito de que os pais e nais poderán desempeñar as súas tarefas coa tranquilidade de saber que os seus fillos están ben atendidos e, ademais, preto deles”. 

Ademais, o responsable da área social do Goberno galego sinalou que para conseguir unha verdadeira conciliación da vida laboral, familiar e social “é indispensable contar coa implicación das empresas”. Ao respecto, lembrou que a Xunta de Galicia ten en marcha unha segunda convocatoria de axudas por un montante global de 1,4 millóns de euros que nestes momentos se atopa en proceso de resolución e que permi-tirá estender este recurso de conciliación a outros parques e polígonos industriais. Deste xeito, o Executivo autonómico sufragará ata cun máximo de 200.000 euros os custes do proxecto, construción e dotación de mobiliario de novas escolas infantís en zonas industriais que impulsen agrupacións ou entidades empresariais. 

Por último, o conselleiro destacou o esforzo que está a facer a Xunta para que “Galicia siga estando á vangarda en materia de conciliación, porque aspiramos a que esta terra sexa o mellor lugar para ser pai e nai e, sobre todo, para que os nenos crezan e se desenvolvan de maneira plena”. De feito, esta liña de subvencións para a creación de escolas infantís en contornos empresariais, que foi habilitada por primeira vez o ano pasado, forma parte do Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia), e se complementa con medidas como o incremento das prazas públicas ou financiadas con fon-dos públicos na rede galega de escolas infantís, o Bono Concilia e o Bono Coidado, a Tarxeta Benvida ou a entrada en funcionamento das primeiras 30 casas niño no rural, entre outras. 

Fuente: Xunta de Galicia
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.