O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey
Varela, participou hoxe no municipio coruñés de Narón nos actos institucionais
de entrega de condecoracións con motivo do Día da Policía. Os actos tiveron
lugar nas instalacións do Pazo da Cultura.
Na súa intervención, o conselleiro destacou a
preparación dos profesionais que forman parte da Policía Nacional e gabou o seu
labor como “garantes da seguridade, unha tarefa que convirte a Galicia nun
lugar seguro para todos”.
Fuente: Xunta de Galicia