Pin It

Widgets

A partir de mañá poderán solicitarse de novo os permisos para realizar queimas de restos agríco-las e forestais amoreados



Estas tarefas permanecían suspendidas ata o de agora debido ás condicións meteorolóxicas adversas
A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá martes, día 28, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución do risco de incendios forestais por condicións meteorolóxicas. Isto significa que o xoves 30 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas. A prohibición de queimas de restos agrícolas e forestais prolongouse ata o de agora debido á climatoloxía adversa.
Polo tanto, a partir de mañá poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.
Fuente: Xunta de Galicia
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.