Pin It

Widgets

A Xunta enxalza os 30 anos de traballo en prol da integración das persoas con discapacidade da asociación sociocultural ASCM Ferrol


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu hoxe aos actos
conmemorativos deste aniversario que tiveron lugar no Auditorio da cidade naval

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, puxo en valor hoxe a traxectoria e traballo en prol da normalización da vida cotiá das persoas con distintas capacidades da Asociación Sociocultural ASCM Ferrol, no acto conmemorativo do 30 aniversario desta entidade que tivo lugar no Auditorio Municipal da cidade naval. “Sodes todo un exemplo de esforzo e compromiso na procura de lograr a plena integración das persoas con discapacidade e de mellorar a súa calidade de vida”, subliñou Rey Varela.

Na súa intervención, o conselleiro fixo fincapé na importancia de intensificar as vías de colaboración entre administracións e coas entidades que desenvolven a súa actividade no campo da atención á discapacidade coa finalidade de “seguir avanzando na eliminación de barreiras e na concienciación de que todas as persoas, con independencia das diferentes capacidades que teñamos, podemos aportar moito á sociedade”, dixo. Nesta liña, apuntou que “nas últimas tres décadas ten mudado moito a atención á discapacidade, superando o modelo asistencialista para abordar esta cuestión desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva”.

Por último, Rey Varela destacou o novo impulso ás políticas sociais centradas nas persoas con discapacidade que no orzamento autonómico de 2018 se incrementan máis dun 8,5% en comparación coas contas do presente ano ata acadar os 102,8 millóns de euros. Unha maior marxe orzamentaria que permitirá a creación de novas prazas de atención, reforzar o concerto social, incrementar a contía dos convenios coas entidades e federacións, así como aumentar considerablemente a orde de axudas a entidades no ámbito municipal para dotar os seus equipamentos de melloras en accesibilidade e para a supresión de barreiras arquitectónicas.

Fuente: Xunta de Galicia
Tags: , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.