O vicepresidente da Xunta,
Alfonso Rueda e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey indicaron
hoxe que o Goberno galego dará comezo de inmediato coas obras de
acondicionamento onde se ubicará o novo Xulgado de Primeira Instancia de
Ferrol.
Alfonso Rueda e José Manuel
Rey, acompañados do presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas; do alcalde de
Ferrol, Jorge Suárez; da decana de xuíces, Amalia Pérez; do Fiscal xefe de
Ferrol, Miguel Armenteros e representantes de avogados e procuradores do
partido xudicial ferrolá, visitaron esta mañá as instalacións onde se ubicará o
novo Xulgado que estará situado na planta baixa do edificio xudicial ferrolá,
da rúa Coruña.
A Xunta leva manifestando a
necesidade da creación de máis unidades xudiciais para a nosa comunidade sendo
outorgadas catro novas para este ano, das cales o Goberno galego encargase da
dotación material e do seu mantemento, como é o caso deste novo Xulgado, que
conta cun investimento previsto duns 77.000 euros para a súa posta en marcha e
que o 31 de decembro arranque e estea plenamente operativa.
Ademais deste xulgado, na nosa
comunidade para o ano que vén haberá tres novas unidades xudiciais máis, que ao
mesmo que en este, o Goberno galego cumprindo co compromiso coa Administración
de Xustiza poñerá en marcha e dotaralos dos medios materiais, técnicos e
tecnolóxicos que precisen.
A Xunta para o ano que vén
incrementou un ano máis os orzamentos para a Administración de Xustiza. Está
previsto que se consoliden 36 prazas de reforzo, se incremente a xustiza
gratuíta e seguirase apostando pola mediación, que xa está funcionando en
Ferrol, incluso cun segundo equipo psicosocial.
Precisamente, nos Xulgados de
Ferrol foron unha das sedes xudiciais da nosa comunidade na que deu comezo o
Plan de Infraestruturas Xudiciais no ano 2010, cunha importante obra de máis de
2 millóns de euros, que permitiu gañar espazos, mellorar as instalacións e
facilitando tanto o traballo dos empregados da Xustiza como dos cidadáns que
fan uso das súas instalacións.
Fuente: Xunta de Galicia