Do o venres 22 de decembro ao
domingo 7 de xaneiro cambia o horario de apertura e atención ao público na Casa
da Cultura de Fene: Museo do Humor, aula de estudio e Biblioteca Municipal
“Pérez Parallé”.
O Museo do Humor e a sala de exposicións temporais da Casa da Cultura
-onde se amosará a exposición “Cerámicas Pérez Porto”- poderán visitarse este
Nadal en horario de mañá, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas. Ademais,
froito dunha subvención concedida pola Deputación da Coruña ao Concello de
Fene, tanto o Museo como a sala de exposicións temporais poderán visitarse ata
finais de ano en horario de tarde, os días 22, 27 e 29 de decembro, de 17.00 a
21 horas.
Pola súa banda, a Biblioteca Municipal de Fene e a Aula de estudo da Casa da Cultura abrirán
aos veciños e veciñas este Nadal no horario habitual previsto para os períodos
vacacionais. Isto é, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.
Durante
o Nadal, os sábados, domingos e festivos (23, 24, 25, 30, 31 de decembro, 1, 6
e 7 de xaneiro) ambas as dúas instalacións permanecerán pechadas.
A
partir do luns 8 de xaneiro retomarase o horario habitual de inverno na Casa da
Cultura, Biblioteca e Museo do Humor de Fene.