“O meniño mariñeiro”, “Nadal de
Luintra” ou “A Belén vinde pastores”. Son algúns dos temas que soarán este sábado,
16 de decembro, a partir das 20 horas, no XVII Festival de Panxoliñas que terá
lugar no CMI Unidade de Fene. No certame, organizado pola Concellería de
Cultura de Fene, actuarán a
Rondalla Perla do Río, o Tradicoro, as corais Eterna Xuventude, Agarimo de
Sillobre, CPS de San Valentín e O Pote, e a rondalla Estrelecer.
Con esta actividade, o Concello
de Fene inaugura o ciclo de actividades culturais do Nadal 2017/18. Un programa
que inclúe un percorrido do Apalpador polos distintos centros escolares do
Concello, os tradicionais festivais das escolas municipais de piano e guitarra,
un concerto de Nadal e diversas actividades de maxia, teatro e contacontos.
Tamén se anuncian dúas exposicións na Casa da Cultura e, ao remate das festas,
o venres 5 de xaneiro, a cabalgata das SSMM os Reis Magos de Oriente e unha
festa infantil na praza do alcalde Ramón Souto González.