Pin It

Widgets

Dispositivo día de tódos os santos e defuntos

 

Con motivo do Día de Todos os Santos e o Día de Defuntos, o Concello de Fene informa da ampliación de horarios do cemiterio municipal, así como da posta en marcha dun servizo de transporte especial, que aquí detaiamos:

O servizo de transporte ao Cemiterio Municipal de Fene realizarase conforme as seguintes datas e horarios:

Día 31 de outubro de 2025
(Horario de tarde)

Día 1 de Novembro de 2025
(Horario de mañá e tarde)

Observacións:
O servizo de transporte en horario de mañá terá a súa saída ás 10:00 horas do Cuartel da Garda Civil facendo o percorrido habitual, e saíndo do Cemiterio ás 12:00 horas.

O servizo de transporte en horario de tarde terá a súa saída ás 16:00 horas do Cuartel da Garda Civil, facendo o percorrido habitual, e saíndo do Cemiterio ás 18:00 horas.

Horario Cemiterio Municipal:

1 DE NOVEMBRO DE 2025 (Día de Todos os Santos) Horario ininterrompido: de 08:00 a 22:00 horas.

NOTA: Comunícase que celebrarase no recinto de referencia unha “MISA” ás 17:00 horas do citado día.

2 DE NOVEMBRO DE 2025 (Día de defuntos) Horario extensivo: de 10:00 a 20:00 horas.

Dende o día 25 e até o 31 de outubro (incluindo o luns día 27 de outubro) o horario do cemiterio será ininterrompido dende as 10:00 ata as 19:00 horas

Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.