Pin It

Widgets

Paula Currás, de Cambre, gaña o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé

 

 

Paula Currás (Cambre, 1996), poeta e doutora en poesía norteamericana pola Universidade da Coruña (UDC), é a gañadora da edición 38 do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, convocado polo Círculo Mercantil e Industrial-Unidad de Fene en homenaxe ao poeta fenés.

Currás, que actualmente é profesora e investigadora da UDC, conta con obra poética en galego, divulgada na revista Dorna, e inglés, na publicación Porridge. No 2024 obtivo o segundo premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores; e este ano fíxose co Premio Xoán Díaz de Cambre.

Como subliñan os impulsores deste certame, Pérez Parallé era coñecido como O Segrel do Penedo. Defíneno coma «un poeta popular, activista literario e promotor da celebración en Galicia do Día das Letras Galegas, que fora instituído polas colectividades galegas do exilio». Nesta edición, o xurado do galardón que leva o seu nome estivo formado por Xosé Carlos Carracedo, graduado en Maxisterio e escritor (no 2020 publicou o libro autobiográfico Diario dun confinamento e fíxose co galardón Pérez Parallé no 2023).

As outras dúas integrantes foron a poeta e escritora Lucía Aldao, nada na Coruña e autora do volume Todo isto antes era noite, entre outros traballos; e Silvia Pernas, poeta, creadora artística e performer viguesa, autora de As uñas crecen, Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores ou Retratos de vodas, partos e funerais.

Fuente: La Voz de Galicia

Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.