Pin It

Widgets

Curso de atención especializada en Alzhéimer e outras demencias

 

O Concello de Fene dende a Área de Benestar e AFAL Ferrolterra organizan o curso “Atención Especializada en Alzhéimer e outras Demencias”, dirixido a familias e coidadores/as de persoas afectadas de deterioro cognitivo e dependentes en xeral.

O curso está impartido por persoal técnico de Afal Ferrolterra.


LUGAR: Casa da Cultura

DIAS: 18 e 20 de novembro

HORARIO: 16:00 a 18:00 horas

A participación é gratuíta, con inscrición previa no departamento municipal de Servizos Sociais.

Teléfono:981 342607/ 981 49 27 06 ou correo servizos.sociais@fene.gal.

Data límite de inscrición: 17 de novembro de 2025.

Esta acción formativa é posible grazas ó acordo de colaboración asinado entre a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol , AFAL, e o apoio do Concello de Fene.

Na primeira das sesións previstas en Fene, abordarase a sintomatoloxía e os sinais que poden anticipar un deterioro cognitivo; describirase como adoitan cursar as demencias centrándose principalmente nas distintas fases do alzhéimer e nas alteracións de comportamento, ademais de realizarse un repaso ás terapias non
farmacolóxicas que poden retrasar a súa evolución.

Na segunda sesión tratarase dun xeito moi práctico as mobilizacións e transferencias da persoa dependente, as mellores posturas para previr problemas circulatorios e cutáneos derivados do encamado/a e os materiais existentes para previr esa problemática. Tamén se abordarán as técnicas para mover, cambiar de lugar e sentar á persoa enferma de maneira que non haxa ningún tipo de lesión nin no/a enfermo/a nin no/a coidador/a.

ACTIVIDADE GRATUÍTA ABERTA A TODA A POBOACIÓN.

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS

CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín

Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.