O grupo municipal do BNG, a través do seu portavoz
Manuel Polo, urxe ao goberno local a
tomar medidas para solucionar o mal estado da Rúa Travesa. Para o BNG non é
admisible o estado desta vía urbana que leva varios anos con problemas na
recollida de pluviais e no saneamento. O concello xa acometeu varias obras pero
parece que non teñen un final correcto e funcional. As consecuencias de actuar
sempre no mesmo tramo esta a causar cortes de tráfico moi frecuentes,
reasfaltados con parcheos na zona de rodadura que causa máis fochancas, lama e
un perigo para peóns e vehículos.
O goberno do popular
Gumersindo Galego,
incumpre cos veciños aos que lles dixo que en poucos días se ía arranxar a rúa.
Para o BNG é urxente solucionar os problemas desta rúa.